Entradas das V Xornadas de Novela Histórica: «Novas miradas na Novela Histórica», 25 e 26 de Marzo.

ONDE PODO COMPRALAS?

As entradas para as V Xornadas de Novela Histórica: «Novas miradas na Novela Histórica», podes compralas na Biblioteca Pública do Concello de Verín a partir do día xoves 3 de Marzo de 2022.

Os días das Xornadas, o 25 e 26 de Marzo, tamén podes retiralas no propio AUDITORIO DO CONCELLO DE VERÍN.

Así mesmo tamén podes adquirilas, facendo un ingreso na seguinte conta bancaria: ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324, onde despois de ingresar o importe das mesmas (2Euros por cada día), debes enviar un mail á conta biblioteca@verin.gal có xustificante de ingreso e nome e apelidos dos asistentes, para que o persoal da biblioteca reserve as citadas entradas deixándoas no propio Auditorio para a súa retirada os días das Xornadas.

Obxectivos: 1º Evitar a retirada a entradas sen ter a certeza absoluta de acudir ao evento, que conleve a que xente realmente interesada quedase sen as citadas entradas, tal e como aconteceu o ano pasado; 2º Colaboración simbólica coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín e as súas actividades de fomento á lectura.

Indicar que é necesario unha entrada para cada día.

PREZO

As entradas teñen un prezo de 2 Euros, importe que destinarase integramente ás Actividades de Fomento á Lectura, Voluntariado Cultural e o Fondo Bibliotecario.

Unha vez retirada a entrada, e feito o pagamento da mesma, NON cabe devolución algunha, salvo a suspensión das V Xornadas de Novela Histórica: «Novas miradas na Novela Histórica», debendo ser realizada a devolución na propia Tesourería do Concello de Verín, depositando a entrada en cuestión, salvo acordo contrario da Xunta de Goberno Local.

Todas as condicións do cobro das entradas das V Xornadas de Novela Histórica: «Novas miradas na Novela Histórica» , están recollidas no Expediente 567/2022 do Ilmo. Concello de Verín e foi aprobada a proposta en Xunta de Goberno Local do 7 de febreiro de 2022.